Novo disco!
Leilía e Banda
Leilía somos seis mulleres que a finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional galega ao son de pandeiretas e voces. Foi unha aposta pioneira e atrevida, pero estabamos decididas a que o canto galego pola súa singularidade, a súa beleza e forza, tivera o seu propio espazo nos escenarios.
Hoxe Leilía é un referente tanto para os que queren achegarse á música tradicional galega como para os que buscan unha música que, baseada na raíz, adobía a tradición con sons e instrumentos contemporáneos. Este ano verá a luz o que será o quinto traballo discográfico de Leilía: una visión renovada e actual da música tradicional galega.
Leilía - Tradicional
Leilía Tradicional é o espectáculo máis de raíz de Leilía. Trátase dun concerto no que as seis pandereteiras fan un percorrido polo máis fondo da música tradicional galega cantada. Voces e pandeiretas núas, sen adobíos, coa forza da terra que viu xurdir estes cantos, que viu chorar e rir a este pobo.
