Mamá Cabra
Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.
Patatín Patatán
Patatín Patatán é o quinto traballo de Mamá Cabra, un disco que xurde coa intención de facer cantar, moverse e bailar. Nace de cancións populares que pasaban de nen@ a nen@, cantos que escoitabamos de pequerrechiños, que nos facían xogar cós amigos e amigas, e tamén cantos que nos veñen doutros mundos: veñen pola tele, pola radio, por internet...
Ola-Ola
Ola-ola é o novo proxecto de Mamá Cabra. Un espectáculo no que poderedes gozar de divertidas cancións orixinais de Mamá Cabra, así coma outras de Susa Herrera, baseadas nos contos da colección "Cu-cú sorpresa" de Combel, nas que os animais son os protagonistas.
No directo o grupo vai acompañado dun coro para dar máis animación ó espectáculo.
