quen somosQuen_somos.html
CASTELLANOLa_Gaita_va_a_la_Iglesia.html
A GAITA VAI Á IGREXA - Concerto de gaita galega e órgano de tubos
Suso Vaamonde - gaita
Ernesto Campos - órgano de tubos
A Gaita vai á Igrexa é un concerto de gaita galega e órgano de tubos para realizar en igrexas, abadías, capelas, catedrais... Da man de dous recoñecidos compositores e intérpretes galegos, Suso Vaamonde e Ernesto Campos, a música popular, tradicional, e mesmo a clásica devolven a vida a estes singulares auditorios.
Dous músicos cos seus instrumentos, sen máis aderezo, sen trampa nin cartón, convértense en dinamizadores idóneos destes espazos de incalculable valor cultural. Os temas que conforman o repertorio están arranxados polo organista Ernesto Campos, que con amenas explicacións fan desta proposta un espectáculo apto tanto para o público en xeral como para o auditorio máis esixente, como demostrou o éxito acadado en Trier (Alemaña, 2004 e 2007) ou en San Sebastián (2005).















Descargas






Programa                                Fotos                                      Dossier

Suso Vaamonde (Visantoña, A Coruña, 1970)

Suso Vaamonde é sinónimo de gaita galega.

Formado en agrupacións fundamentais do folclore galego como Xacarandaina ou Aturuxo, o seu traballo coma intérprete, compositor ou estudoso da gaita convérteo nun referente ineludible.

Membro do grupo de música tradicional do IGAEM dende 1994, realiza unha intensa actividade docente dentro e fora de Galicia, incluíndo a publicación de diversos libros de partituras e métodos para gaita.

Ten acadados numerosos premios, entre eles o Constantino Bellón en dúas ocasións (1992 e 97) e publicado numerosos traballos discográficos.

 

Ernesto Campos (Vigo, 1966)


Músico de vocación tardía, empezou a súa andadura no conservatorio de música de Vigo, onde estudou, entre outras disciplinas, Gaita Galega e Guitarra.

Intérprete, arranxista e compositor, unha boa parte da súa música foi gravada por artistas e grupos da talla de Xosé Luis Miguélez, Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, ou Germán Díaz.

Moitas das súas composicións forman parte do repertorio de numerosas bandas galegas e peninsulares. Actualmente é mestre de Gaita, Guitarra e Análise no conservatorio “Mayeusis” de Vigo, e colaborador coma compositor e arranxista con diversas agrupacións musicais como o grupo Crema de Gaita.

 
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

CANTIGAS E 
AGARIMOSLela_-_Unha_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LEILÍALeilia_-_galego.html
OS CEMPÉSOs_Cempes_-_galego.html
VAAMONDE, LAMAS
& ROMEROVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.html
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRAMama_Cabra_-_galego.html
RUOTERuote_-_galego.html
A GAITA VAI Á IGREXA
PRADAIROPradairo_-_galego.html