quen somosQuen_somos.html
CASTELLANOLeilia_-_castellano.html
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)




























Biografía
Leilía somos un grupo de seis mulleres que a finais de 1989  decidimos dar a coñecer a música tradicional galega ao son de pandeiretas e voces. Foi unha aposta pioneira e atrevida, pero estabamos decididas a que o canto galego pola súa singularidade, a súa beleza e forza, tivera o seu propio espazo nos escenarios musicais.
Ao longo destes 20 anos de andaina levamos publicados diferentes traballos: “Leilía (Discmedi)”, “I é verdade i é mentira” (Virgin Records), Madama (Discmedi), “Son de Leilía” (Leilear). Temos colaborado entre outros con artistas da talla de Kepa Junquera, Milladoiro, Bleizi Ruz, Emilio Cao, Os Diplomáticos de Monte Alto, Budiño; nas bandas sonoras de Fisterra e A Rosa de Pedra… Tamén temos recibido numerosos premios entre os que destacan: Mellor grupo folk tradicional (II Mostra da Cidade Vella), Mellor Banda Sonora por A Rosa de Pedra (Premios Agapi), Galicia en Fiminino (Xunta de Galicia), Mellor Canción en Galego por Pedras contra Tanques (Academia de las Artes y las Ciencias de la Música), Mellor espectáculo folk europeo por “Hent Sant Jacques”. 
Hoxe Leilía é un referente tanto para os que queren achegarse á nosa música tradicional como para os que buscan unha música, que basada na raíz, adobía a tradición con sons e instrumentos contemporáneos.
LEILÍA - CONsentimento
Novo Folk
A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.
ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco con vocación acústica, no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.
LEILÍA DE RAIZ
Tradicional
Leilía de Raiz é o espectáculo máis tradicional de Leilía. 
Trátase dun concerto no que as seis pandereteiras fan un percorrido polo máis fondo da música tradicional galega cantada.
Voces e pandeiretas núas, sen adobíos, coa forza da terra que viu xurdir estes cantos, que viu chorar e rir a este pobo.
Descargas





    Fotos               Dossier          Dossier de prensa
Descargas





            Fotos                                         Dossier
CANTIGAS E 
AGARIMOSLela_-_Unha_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LEILÍA
OS CEMPÉSOs_Cempes_-_galego.html
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRAMama_Cabra_-_galego.html
RUOTERuote_-_galego.html
A GAITA VAI Á IGREXAA_Gaita_vai_a_Igrexa_-_galego.html
PRADAIROPradairo_-_galego.html
VAAMONDE, LAMAS
& ROMEROVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.html