quen somosQuen_somos.html
CASTELLANOLela_-_Una_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LELA - Unha Gala de Cantigas e Agarimos

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.
Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao.
Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.

O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo López Veiga, puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. 
A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluía entre outras, a peza Serenata de Boticarios, máis coñecida co título de Lela.
No ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupación e cumplíanse 50 anos daquela primeira representación fóra de América da obra de Castelao, Cantigas e Agarimos presentou a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, no seu día, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega. 
Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.
Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...

Biografía
A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela fundouse nesta cidade no ano 1921, sendo, polo tanto, a máis nova das catro agrupacións históricas do folclore galego.
Dende entón Cantigas e Agarimos, vén traballando arreo na recuperación, conservación e transmisión dalgunhas das formas máis entrañables da cultura tradicional galega, como son a cantiga, a música, o baile e o traxe tradicional. A través das súas seccións: coral, gaiteiros, grupo de baile e pandeireteiras (e antigamente grupo teatral), Cantigas e Agarimos non deixou nunca de ocupar postos privilexiados nos eidos do folclore e así o acreditan os numerosos premios acadados ao longo da súa traxectoria e as referencias dos historiadores da cultura galega.
Ademais dedica un importante traballo á promoción do baile e da música popular entre os rapaces, por medio da Escola da Muiñeira, Gaita e Pandeireta, Concurso de Baile e Música, Día da Muiñeira e a publicación da revista Algalia.



Descargas







           Fotos                                            Dossier
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

CANTIGAS E 
AGARIMOS
LEILÍALeilia_-_galego.html
OS CEMPÉSOs_Cempes_-_galego.html
VAAMONDE, LAMAS
& ROMEROVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.html
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRAMama_Cabra_-_galego.html
RUOTERuote_-_galego.html
A GAITA VAI Á IGREXAA_Gaita_vai_a_Igrexa_-_galego.html
PRADAIROPradairo_-_galego.html