quen somosQuen_somos.html
CASTELLANOMama_Cabra_-_castellano.html
MAMÁ CABRA - Xa me tardan este Magos
Infantil / Familiar
Xa me tardan estes magos é o novo traballo de Mamá Cabra, un disco que xurde coa intención de renovar as panxoliñas. Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables. 

MAMÁ CABRA - Ola ola la!
Infantil / Familiar
En Ola ola la!, Mama Cabra faise acompañar por un coro de voces do máis divertido. Unha morea de cancións para concienciar ós máis pequenos da importancia de comer ben, de respectar o meio ambiente, da amizade... e como non, pasalo ben. Ola ola la! ven de encher todolos auditorios galegos polos que xirou no 2011.

MAMÁ CABRA - Cantos Pequenos
Infantil / Familiar
Cantos Pequenos é un repaso á traxectoria vital de Mamá Cabra. Un paseo sonoro polos, nada menos que 11 anos que o grupo leva nos escenarios. Un espectáculo repleto de cancións que forman parte da nosa memoria colectiva e tamén un adianto de temas inéditos que de seguro vos sorprenderán.

Biografía
Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.
A primeira canción de Mamá Cabra naceu na biblioteca dun colexio, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez, do libro “Rimas con letra”. Empezamos coa idea de facer un disco: Cantos Rodados, con dez temas baseados en poemas de Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández... e Gloria Sánchez, claro, pero acabamos subidos a un escenario  artellando xogos e cancións. 
Agora temos oito traballos publicados e tres espectáculos en marcha: Ola, ola, la!, Cantos Pequenos e Xa me tardan estes Magos. No primeiro cantamos as cancións do último traballo e no segundo unha escolma das cancións que mais gustaron das nosas publicacións pasadas e algúns temas inéditos. No terceiro espectáculo ofrecemos unha visión renovada das panxoliñas de Nadal. Os nosos espectáculos son moi participativos e didácticos. Sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de comer froitas e verduras, de bailar e cantar. 

DESCARGAS
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

XA ME TARDAN ESTES MAGOS





         Fotos                   Dossier
OLA OLA LÁ





   Fotos                 Dossier
CANTOS PEQUENOS





   Fotos                 Dossier
CANTIGAS E 
AGARIMOSLela_-_Unha_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LEILÍALeilia_-_galego.html
OS CEMPÉSOs_Cempes_-_galego.html
VAAMONDE, LAMAS
& ROMEROVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.html
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRA
RUOTERuote_-_galego.html
A GAITA VAI Á IGREXAA_Gaita_vai_a_Igrexa_-_galego.html
PRADAIROPradairo_-_galego.html