quen somosQuen_somos.html
CASTELLANOOs_Cempes_-_castellano.html
OS CEMPÉS
Volven
Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco: Tentemozo.
Centos de concertos, seis CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

Biografía
O grupo Os Cempés inicou a súa historia en 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira. ¡¡Opa iii!! (do fol 1995), é un saudo popular mui usado polos ferroláns, e foi o título escollido para o primeiro traballo.
A ese traballo seguiu Capitán Re (do fol 1997), e Circo Montecuruto (do fol 2001) con máis de vinte músicos colaboradores, acompañando os concertos de presentación un espectáculo circense. No 2003 volven a gravar un disco ao vivo, Moe a Moa (Nacra 2003) rexistrado durante dous concertos en Vigo no que xa cunha formación máis eléctrica repasan o repertorio dos traballos anteriores e incluen sete novos temas.
Tras catro anos intensos de concertos o grupo decide facer un descanso dende 2007 para reaparecer no Festival folk na Fin do Camiño en Fisterra e nas festas de San Froilán 2011 cunha nova formación e xa estreando un novo repertorio, mostra do que é o sexto traballo de Os Cempés: Tentemozo.
Con esta nova gravación, Os Cempés, máis festeiros que nunca, celebran o 20 aniversario do seu primeiro concerto.

Descargas







          Fotos                                            Dossier
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

CANTIGAS E 
AGARIMOSLela_-_Unha_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LEILÍALeilia_-_galego.html
OS CEMPÉS
VAAMONDE, LAMAS
& ROMEROVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.html
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRAMama_Cabra_-_galego.html
RUOTERuote_-_galego.html
A GAITA VAI Á IGREXAA_Gaita_vai_a_Igrexa_-_galego.html
PRADAIROPradairo_-_galego.html