quen somosQuen_somos.html
CASTELLANORuote_-_castellano.html
RUOTE
Tradicional
Sabios coñecedores das tradicións musicais galegas, este veterano grupo segue a conquistar o público co seu xeito único de interpretar o noso folclore. O séu obxectivo é a interpretación fiel das melodías e músicas, por iso trata de amosalas tal cal as aprenderon dos nosos maiores.
Cunha posta en escena sinxela, sen adobíos, Ruote sabe involucrar ó público en cada melodía, facéndoos partícipes dunha experiencia renovadora e divertida, onde pasado e presente son unha mesma cousa, onde a tradición cobra vida e a vida tradición.
Clarinete, gaitas, acordeón, bombo, voces, pandeiretas… todo un despregue de sons capaces de emocionar e divertir a un tempo.
Biografía
O Colectivo de música tradicional Ruote nace no ano 1996 partindo dun grupo de recolleita etnográfica que leva traballando dende 1991. 
Realizou  unha viaxe a Escocia en 1998 onde gravou o seu primeiro traballo en directo “Ruote en Edimburgo”, un traballo autoproducido do que xa leva vendidas máis de 1000 copias. Regresou en 1999 para realizar varias actuacións organizadas polo Consulado Xeral de España en Edimburgo e Glasgow, en lugares como o Piping Centre de Glasgow, ou o Saint Bernard’s Church en Edimburgo.
No 2001 veu a luz o seu segundo traballo discográfico en solitario baixo o título de “Nin canto nin tampouco”, a través do selo discográfico Edicións do Cumio, e no que interviron colaboradores como Susana Seivane, Xabier Díaz ou Roberto Ezquerro (de Rumbadeira). 
Ademáis de participar en diferentes gravacións discográficas, Ruote ten ofrecido concertos en moi diversos festivais e paises como: Évora (Portugal), Andanças (Portugal), Les Burnes de Ordino (Andorra), Trebede (RNE3), Tordera (Barcelona),  O Couto, Sabucedo, Negreira, Ortigueira, Dublín, Escocia, Lorient (Francia), etc.
Aínda así, a súa labor máis importante vense realizando como grupo de recolleita, xa que teñen unha ampla experiencia no ámbito do traballo de campo e da divulgación a través de artigos publicados en revistas relacionadas con esta temática, conferencias, e demais.
Ruote toma o séu nome da “pequena ruada” na que tratan de involucrar ó público durante os seus concertos e está formado por:

        Pablo Díaz (gaita, clarinete, tambor, percusións e voz)
        Olga Kirk (acordeón diatónico, tambor, percusións e voz)
        Mercedes Varela (bombo, percusións e voz)
        Graciela Carral (gaita, tambor, bombo, percusións e voz)
        Rocío Carral (tambor, bombo, percusións e voz)
Descargas







          Fotos                                            Dossier
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

CANTIGAS E 
AGARIMOSLela_-_Unha_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LEILÍALeilia_-_galego.html
OS CEMPÉSOs_Cempes_-_galego.html
VAAMONDE, LAMAS
& ROMEROVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.html
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRAMama_Cabra_-_galego.html
RUOTE
A GAITA VAI Á IGREXAA_Gaita_vai_a_Igrexa_-_galego.html
PRADAIROPradairo_-_galego.html