quen somosQuen_somos.html
CASTELLANOVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_castellano.html
Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería entender. 
Estes tres artistas únense para ofrecer unha visión da música popular persoal e innovadora.
Nos seus concertos ofrecen un repertorio fresco e desprexuizado, aderezado cunha boa dose de humor e campechanería.




















Biografía
Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, son tres nomes referenciais na música galega actual. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz ata o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola docencia, a composición e dirección musical ou a publicación de partituras, todas elas amplamente refrendadas polo público.
Os seus nomes son sinónimo de música tradicional, de sobriedade compositiva e de exquisito gusto polos arranxos, e están ligados a algúns dos mellores momentos e artistas da música galega recente (Nova Galega de Danza, Fuxan os Ventos, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Susana Seivane, Uxía, Luvas Verdes, Quique Peón Cía, Faltriqueira, Guadi Galego, Galeoke,...).
En novembro de 2008, publicaron “Vellas Artes”, o seu primeiro disco, e no 2011 chegou o segundo, titulado “O Tambor de Prata” no que acompañados pola Banda Municipal da Coruña sorpréndennos con temas dunha única formación histórica de Galciia: Os Trintas de Trives.
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

Descargas





             Fotos                                 Dossier
Descargas





           Fotos                                  Dossier
VAAMONDE, LAMAS & ROMERO + Banda de Música
O trío Vaamonde, Lamas & Romero volve a sorprendernos cunha proposta orixinal e divertida: un concerto con Banda de Música... en clave de humor.
O espectáculo inclúe arranxos sobre repertorio tradicional realizados polo saxofonista e compositor Roberto Somoza, que de xeito maxistral combinan o sabor popular con elementos de modernidade dentro da música sinfónica.
O trío Vaamonde, Lamas & Romero ofrece este espectáculo coa Banda de Música Sementeira de Cambre, ou se o prefires, ca tua propia Banda.
Música popular e teatralidade aderezados con grandes doses de humor e campechanía.
Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tiempos de crise.
VAAMONDE, LAMAS & ROMERO
Novo Folk
O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives.
Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.
Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.
CANTIGAS E 
AGARIMOSLela_-_Unha_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LEILÍALeilia_-_galego.html
OS CEMPÉSOs_Cempes_-_galego.html
VAAMONDE, LAMAS
& ROMERO
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRAMama_Cabra_-_galego.html
RUOTERuote_-_galego.html
A GAITA VAI Á IGREXAA_Gaita_vai_a_Igrexa_-_galego.html
PRADAIROPradairo_-_galego.html