quen somosQuen_somos.html

merlo branco producións é unha axencia de promoción de artistas especializada en música galega de raiz e infantil. Tamén organizamos eventos culturais, fundamentalmente concertos e festivais.




os nosos artistas:
novas
Os mecenas de Os Cempés xa poden escoitar Tentemozo, o novo disco do grupo



Os Cempes voltan aos escenarios cun novo disco para celebrar os vinte anos que pasaron desde o seu primeiro concerto. Para gravar este traballo, titulado Tentemozo, contaron coa colaboración das mozas e mozos da Escola Livre da MPG, e músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero ou Pablo Doval. 
Unha selección especial de música bailable, do mellor da tradición musical galega ao estilo inconfundible de Os Cempés.
A edición dixital do disco xa está disponible para descarga, para os mecenas do grupo, que ademáis recibirán diferentes compensacións, desde entradas para concertos ata unha festa privada con percebes.
Tentemozo: Puntal, apoio para que algo non caia.

Máis información


Xa me tardan estes Magos: o novo libro-disco de Mamá Cabra, premio Neira Vilas ó mellor libro infantil 2011


O último trabajo de Mamá Cabra, Xa me tardan estes Magos, recibiu o pasado 9 de marzo o premio Neira Vilas ó mellor libro infantil e xuvenil 2011 otorgado pola Asociación Galega de Editores, AGE.
Xa me tardan estes Magos nace coa intención de renovar as panxoliñas de Nadal, con música orixinal de Mamá Cabra e un sinfín de letras moii divertidas de poetas como Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro ou a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo.
Con este novo recoñecemento, Mamá Cabra consolidase como un dos grupos referentes de música infantil de Galicia.
Maís información.

Vaamonde, Lamas & Romero presenta o séu novo disco: O tambor de prata



O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos o séu novo disco: O tambor de prata. Un traballo composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. 
O concerto-presentación servíu de peche ao ciclo ST Música Presente do AGADIC e encheu o Salón Teatro de Santiago de Compostela, cun público literalmente entregado. 



Á rolda de prensa asistiron numerosos periodistas, artistas e o director do AGADIC Juan Carlos Fasero quen celebrou o éxito da programación.

Maís información.Os_Cempes_-_galego.htmlMama_Cabra_-_galego.htmlVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.htmlshapeimage_3_link_0shapeimage_3_link_1shapeimage_3_link_2
CASTELLANOBienvenido_a_merlo_branco_producions.html
axenda
2012
13 maio 20h Os Cempés - Melide, A Coruña
14 maio 12h Pesdelán - Correlingua, Palco da Música de Moaña, Moaña, Pontevedra
16 maio Pesdelán - Colexio Vilaverde Mourente, Pontevedra
18 maio 21h Vaamonde, Lamas & Romero + Banda de Música do Barco - Teatro Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras, Ourense
22 xuño Pesdelán - Colexio Pedrouzos, Brión, A Coruña
3, 4, 5, 6 e 7 agosto Vaamonde, Lamas & Romero - Stand de Galicia, Festival Intercéltico de Lorient (Francia)
4 agosto Leilía de Raíz - 7éme Festival Les Troubadours chantent l’art roman en Languedoc-Roussillon 2012, Lagrasse (Francia)
CANTIGAS E 
AGARIMOSLela_-_Unha_Gala_de_Cantigas_e_Agarimos.html
LEILÍALeilia_-_galego.html
OS CEMPÉSOs_Cempes_-_galego.html
VAAMONDE, LAMAS
& ROMEROVaamonde,_Lamas_e_Romero_-_galego.html
PESDELÁNPesdelan_-_galego.html
CANTATA VERNÁCULACantata_Vernacula_-_galego.html
MAMÁ CABRAMama_Cabra_-_galego.html
RUOTERuote_-_galego.html
A GAITA VAI Á IGREXAA_Gaita_vai_a_Igrexa_-_galego.html
para contactar con nos

escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesía de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

PRADAIROPradairo_-_galego.html