Quen somos?
merlo branco producións é unha organización dedicada á promoción da cultura en xeral e da música galega en particular, movida polo convencemento de que celebrar a diversidade e cultivar o respecto ás diferenzas poden facer deste mundo un lugar mellor para tod@s.
Centramos a nosa actividade na promoción de intérpretes e grupos de música tradicional, folk, e outras propostas baseadas nas músicas de raiz.
merlo branco producións nace de forma expontánea da necesidade dun grupo de músicos galegos de ter un medio eficaz de promoción e dignificación do seu traballo, afastado do concepto de músico ou música coma produto económico.
Obxectivos
- Promocionar a cultura.
- 0frecer ós programadores culturais un servizo de contratación áxil, eficaz e creativo.
- Conseguir que os artistas poidan desenvolver a súa profesión en condicións òptimas.
- Ofrecer ós artistas o asesoramento necesario para acadar os seus obxectivos.
Recursos
O equipo de merlo branco producións está formado por profesionais comprometidos coa cultura, cunha ampla formación artística e técnica avalados por unha longa experiencia en xestión e promoción de espectáculos i eventos culturais .

