Pablo Díaz - Tic Tac

Infantil / Familiar

Froito dunha incesante actividade musical e vital, o multiinstrumentista e cantante galego Pablo Díaz, agasállanos por fin co séu primeiro traballo discográfico en solitario: Tic-Tac. Un disco para nenos grandes e pequenos. Con bases da música pop, rock, tradicional galega e moitas máis, Pablo Díaz embarca ós cativos nunha aventura fascinante: espertan ca canción do Tic-Tac, bailan co Rock do Porco Celta, viven mil contos que van arrolando a imaxinación. O libro-disco, publicado pola editorial Kalandraka, conta coas ilustración de Marc Taeger e un sinfín de colaboracións: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote...

MyspaceFacebook

 

 

 

Get the Flash Player to see this rotator.

 

 

 

 

páxina oficial